
- Este evento pasou.
Martes de Entroido
Marzo 4 @ 17:00 - 21:30
O día 4, Martes de Entroido ás 17.00 horas comezará o Desfile-Concurso de Disfraces individual e colectivo. As inscricións para participar poderán facerse nos soportais do Concello desde as 16.00 e a entrega de premios será ás 18.45 horas.
Os máis pequenos terán o seu espazo na Alameda Castelao con diferentes obradoiros desde as 17.00 e ata as 19.30 horas. As rúas contarán con moita animación da man da batucada de Latexo Percusión. O seu espectáculo de batucada mistura ritmos dos blocos afro brasileiros con outros universos musicais como o reggae, o funk ou a salsa.
Ás 19.00 horas, fiel á súa cita, celebrarase a queima do Meco co espectáculo “Pachamama” de Troula Animación. A festa continuará pola noite desde as 20.30 horas coa música do grupo Hey Hematoma, que fará bailar aos público coas cancións de Siniestro Total na praza da Constitución.