Hoxe é Domingo 29 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Maxia co Mago Teto

Xaneiro 2 @ 18:00 - 19:00

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ e “Perto de Ti”. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

Despois de 29 anos percorrendo os camiños do mundo, o mago Teto recompila o seu espectáculo máis persoal: “Pequenas grandes maxias”. O espectáculo é de balde e está enfocado directamente a mente dos públicos, xogos con pequenos elementos, como libros, cartas, papeis.., ás veces, simplemente palabras, e outras veces nosas propias sombras, farán que o espectador atravese o espello do mundo real ao mundo da fantasía e senta unha serie de emocións únicas e irrepetibles. Traerá esta novidade no seu repertorio ao Multiusos da Xunqueira o día 2 de xaneiro dentro da Programación de Nadal do Concello de Redondela.

Detalles

Data:
Xaneiro 2
Hora:
18:00 - 19:00