- Este evento pasou.
Mercadiño de segunda man
Decembro 20 @ 17:30 - 22:00
O concello de Soutomaior celebra un mercado de 2ª man o venres 20 de decembro co obxecto de dar unha segunda vida a eses obxectos que xa non precisamos pero que poden ser de utilidade a outras persoas pro atoparse en bo estado de conservación.
Este mercado veciñal e solidario levarase a cabo o día 20 de decembro na carpa de Nadal instalada en Talo Río en horario de 17:30h – 22:00h. pero está xa aberto o prazo de inscrición para aquelas persoas que queiran participar vendendo ou intercambiando obxectos en bo estado. As Bases de participación poden atoparse na web do concello en www.soutomaior.gal
O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro xoves 12 de decembro de 2024.