Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro de deseño e manexo de bosques comestibles

Outubro 25 @ 08:00 - Outubro 27 @ 17:00

O Sindicato Labrego Galego e COAG organizan un obradoiro de deseño e manexo de bosques comestibles arredor da produción e consumo sostible de alimentos saudables durante os días 25, 26 e 27 de outubro na Horta do Cadaval (Redondela) e que estará impartido polo experto David Botana.

O obradoiro consiste en introducir distintas árbores para crear diversidade e facilitar o manexo e protección do cultivo dos ventos e das pragas nas hortas particulares.  A intención é aprender a colleitar de forma sostible e que o ecosistema que se vai creando poida retroalimentarse .

O primeiro día das tres xornadas de aprendizaxe será de teoría para entender o funcionamento deste tipo de hortas e como mellorar o noso entorno, para despois pasar a usar ferramentas de man como fouziños ou gadañas e aprender distintos tipos de podas. Botana sinala que “non é preciso levar material específico, pero si asistir con vestimenta adecuada como roupa cómoda, botas de goma, luvas ou un chuvasqueiro por se chove”.

A actividade está pensada para todas as idades e ten un límite de 25 prazas, polo que é preciso inscribirse con antelación no contacto 986 641 508 / 669 808 418 (WhatsApp) ou no enderezo electrónico condado@sindicatolabrego.gal.

Detalles

Comezo:
Outubro 25 @ 08:00
Remate:
Outubro 27 @ 17:00