
Obradoiros de Semana Santa Redondela e Chapela
Abril 14 @ 09:00 - 14:00
O Concello ofrece obradoiros durante as vacacións escolares de Semana Santa para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As actividades, completamente de balde, celebraranse no Conservatorio Municipal de Redondela e no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
As prazas limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición. As persoas interesadas poden anotarse a partir d día 1 de abril no Multiúsos da Xunqueira ou no teléfono 986 402 865 no caso dos obradoiros en Redondela. En Chapela as inscrición serán no Multiúsos do Piñeiral ou no número 986 451 280.