- Este evento pasou.
Pontevedra en América: unha mirada en feminino
19 Setembro 2022 @ 19:30 - 21:30
O Castelo de Soutomairo acolle a exposición “Pontevedra en América: unha mirada en feminino”, Unha mostra que se inaugurará o luns 19 ás 19:30 horas e que contará coa presenza da presidenta da deputación, Carmela Silva e o alcalde da localidade, Agustín Reguera.
Visitarán a exposición guiada por María Xosé Rodríguez Galdo, catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas da USC, e, a continuación, asistirá á conferencia sobre María Vinyals, a cargo de Silvia Cernadas, historiadora e guía de turismo. Presenta o acto María Cadaval Sampedro, directora da Cátedra Iberoamericana da USC.