- Este evento pasou.
Premios Sesé Mateo
25 Outubro 2023 @ 08:00 - 3 Novembro 2023 @ 17:00
O certame, que chega a súa terceira edición, está aberto a traballos de calquera xénero xornalístico que foran publicados ou emitidos en medios radiofónicos, audiovisuais ou dixitais entre setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023. Dotado con 1.500 euros o prazo de presentación remata o 3 de novembro.
Recoñecer públicamente a ética á hora de tratar informacións relacionadas coa violencia machista, fuxindo de sensacionalismos e coidando a intimidade das vítimas e das persoas supervivintes máis vulnerables. Con ese obxectivo nacía no ano 2021 o premio Sesé Mateo que convoca o Concello de Redondela. Un certame que, polo tanto, busca recoñecer e destacar o traballo dos profesionais do xornalismo que aborden de maneira ética e respectuosa os temas relacionados coa violencia machista, ao tempo que é unha homenaxe a Sesé Mateo, a muller asasinada pola súa exprella en 2017 na súa casa en Chapela.
As bases, que se poden consultar na web do Concello, recollen que o premio está aberto a traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios en papel ou dixitais, ou emitidos en medios de comunicación radiofónicos ou audiovisuais, entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, e deben ser presentados antes do 3 de novembro de 2023.