
Presentación do libro “Galegas na música”
Marzo 21 @ 20:00 - 21:00
Dentro da programación do 8M do Concello de Redondela, o 21 de marzo presentarase o libro “Galegas na Música” de Isabel Blanco, coa actuación musical de Zousaxmas, no Conservatorio Municipal Víctor Ureña ás 20:00 horas.
Este libro reúne unha escolma de biografías de mulleres galegas dedicadas á música, dende a primeira xoglaresa ata as máis recoñecidas músicas contemporáneas. É, ademais, unha reivindicación da música tradicional galega, que, representada de xeito especial polas cantareiras e pandereteiras, está presente en todas elas.