Programación 25N: IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista
Novembro 23 @ 12:00 - 14:00
A entrega do galardón do “IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista” terá lugar o 23 de novembro ás 12.00 horas na Oficina de Turismo situada no nº 2 da Rúa Isidoro Queimaliños.
A figura de Sesé Mateo inspira á familia Mateo e ao Concello de Redondela a crear estes premios. Que buscan un cambio real na transmisión da violencia de xénero desde un punto de vista crítico, ofrecendo recursos reais á sociedade. Queda moito por mellorar no ámbito do xornalismo con respecto ao tratamento da violencia en xeral e da violencia contra as mulleres e da infancia en particular. Por iso, estes premios buscan premiar a todas as persoas profesionais da comunicación que fan un tratamento ético da comunicación da violencia de xénero.
Organizan o Concello de Redondela e Joshua Alonso Mateo.