- Este evento pasou.
Proxección do documental “Welcome to ma maison” no Multiúsos
26 Xuño 2022 @ 19:30 - 20:30
O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará desde esta fin de semana a súa cuarta sesión coa proxección no concello Redondela da película “Welcome to ma maison”, finalista nas categorías a mellor documental e mellor montaxe nos XX premios Mestre Mateo. O ciclo, que busca dotar ós concellos da provincia dunha programación estable de cinema en galego, exhibirá ao longo do ano o resto das películas premiadas e finalistas dos Mestre Mateo 2022, polo que amais de “Welcome to ma maison” proxectaranse outras longametraxes coma “Tres”, a premiada, e as finalistas “Cuñados”, “Jacinto” e “Malencolía”.
A proxección do filme “Welcome to ma maison” terá lugar este domingo 26 ás 19:30 h proxectarase no Multiusos da Xunqueira de Redondela.