- Este evento pasou.
Quen dixo medo?
4 Decembro 2022 @ 20:00 - 22:00
Os actores Carlos Blanco e Oswaldo Digón protagonizan a comedia que se poderá ver o domingo 4 de decembro no multiusos da Xunqueira “Quen dixo medo?”, ás 20:00 horas. O prezo das entradas é de 5 euros e poden adquirirse no propio Multiúsos. Blanco e Digón subiranse ao escenario para presentar un show en parte improvisado no que haberá moita interacción co público.