- Este evento pasou.
Samaín en Soutomaior
4 Novembro 2023 @ 18:00 - 23:30
O día grande da celebración será o sábado 4 de novembro (tras adiarse por previsións de mal tempo o día 28 de outubro), cunha festa que arrancará ás 17:45 na Praza de Cima de Vila onde haberá un obradoiro de candeas e outro de maquillaxe de Samaín. Xa ás 19:00 dará comezo nesa mesma praza a Noite de Ánimas, coa animación a cargo de Hípica Celta que consistirá nun pasarrúas que rematará en Talo Río. A Santa Compaña e o seu séquito guiaran aos participantes aos que se convida ir ataviados para a ocasión e que porten cirios, velas,cabazas talladas alumeadas.
Coa chegada deste pasarrúas a Talo Río continuará a festa neste punto a partir das 20:30 co tren asador de castañas con degustación de balde. Ademais este ano e como novidade, tamén haberá un concurso de doces e sobremesas de tempada onde as asociación do municipio prepararán doces variados que se poderán degustar a prezos populares, os cartos recadados serán destinados a cada asociación.
En Talo Río tamén haberá sitio para ambientación interactiva Entreosmundos, un espazo onde se fala das tradicións de cada unha das épocas do ano. Para esta actividade dende o concello animan á que os e as asistentes leven a súa cabaza da casa.
O fin de festa correrá a cargo da “Duendenete” que poñerá a bailar a todos os asistentes.