- Este evento pasou.
Visitas á Illa de San Simón
6 Abril 2023 @ 08:00 - 9 Abril 2023 @ 17:00
O Concello de Redondela retoma as visitas á Illa de San Simón e San Antón con viaxes subvencionadas dende o xoves ata o domingo e saídas desde Cesantes, o museo Meirande e Chapela a un prezo reducido de 5 euros.
Dentro das actividades organizadas para a semana Santa, mantéñense tamén os roteiros coñecidos como “A Vila pola Tardiña” que se realizarán todos os días da semana para dar a coñecer o patrimonio e a historia de Redondela e nos que se pode participar de balde previa inscrición na oficina de Información Turística.