Hoxe é Luns 30 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

“Visitas terroríficas” ao Castelo de Soutomaior

Outubro 4 @ 08:00 - Outubro 26 @ 17:00

As “visitas terroríficas” ao Castelo de Soutomaior regresan polo Samaín

A Deputación lanza unha oferta de máis de 1.000 prazas con pases nocturnos para adultos e diúrnos para familias a cargo da compañía Troula Animación. As entradas terán un prezo de 8 euros por persoa e poranse á venda proximamente na web do Castelo.

Uns percorridos cargados de misterio e humor, para coñecer o lado máis terrorífico e divertido da historia da fortaleza e que ofrecen un total de 1.020 prazas, 300 máis que o pasado ano. As visitas para público infantil celebraranse todos os sábados e domingos de outubro (os días 5,6,12,13,19,20, 26 e 27) en tripla sesión, ás 12:00, ás 16:00 e as 17:30 horas, ademais do 1 de novembro  ás 16:00 e ás 17:30 horas, e nelas o público gozará dunha historia terrorificamente divertida.

As visitas destinadas ao público adulto terán lugar os venres e os sábados (os días 4,5,11,12,18,19, 25 e 26 de outubro) en horario de 20:00 horas e 21:45 horas, e nelas os participantes (idade recomendada a partir dos 16 anos) porán a proba a súa valentía nunha visita guiada onde nada é o que parece.

Detalles

Comezo:
Outubro 4 @ 08:00
Remate:
Outubro 26 @ 17:00