Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Resultados da busqueda:

Literatura nas ondas : Ray Bradbury

Mª Elena Becerra lembra, neste espazo dedicado á literatura, o centenario do nacemento de Ray Bradbury, refernete da ciencia ficción. Os seus libros podemos atopalos tamén nas Bibliotecas Municipais de Redondela

Ler máis »

Literatura nas ondas

“WHAPPS. Mírame a los ojos” de Andreu Marín e “La sociedad de los dragones de té” de Katie O’Neill son as dúas propostas que nos deixa Mª Elena Becerra. Un espazo semanal dedicado á literatura en colaboración coas Bibliotecas Municipais

Ler máis »

Literatura nas ondas

Mª José Villar dende as Bibliotecas Municipais fálanos de literatura, hoxe con especial protagonismo para Mario benedetti cando se cumpren 100 anos do seu nacemento.  

Ler máis »

Literaturas nas ondas

Mª Elena Becerra chega hoxe con dúas recomendacións para despedir o ano. Unha proposta de literatura infantil que leva por título “Noche de reyes” un conto en lingua de signos con ilustracións e texto de Juanolo e “Viajes literarios. Cartografía de recorridos ficticios a través del mundo de la literatura” de John McMurtrie.

Ler máis »

Literaturas nas ondas

Mª José Villar fálanos de dúas sagas familiares de premio: a novela de Xesús Fraga “Virtudes (e misterios) que vén de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura e o Premio Alfaguara “Los abismos” da escritora Pilar Quintana.

Ler máis »

Lecturas radiofónicas de poemas escritos por mulleres para conmemorar o Día das Escritoras

O Día das Escritoras é unha conmemoración que busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. Promovido pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, este ano celebrarase o día 18 de outubro baixo o lema “Ler as idades da vida”. Para celebrar esta data durante toda a semana e

Ler máis »
A Estación

Tempo de Jazz

Tempo de Jazz Tempo, unha hora á beira da media noite; tempo, a velocidade da música. “Tempo de Jazz”, un recanto na noite dos martes -con repetición os sábados- para enchelo de música e palabras. Remataba o verán de 2001 cando botamos a voar esta idea, este programa que camiña agora ao seu décimo cuarto aniversario. Nesta a nosa historia de noites -desde o 11 de outubro de 2005, pois ata entón emitiamos de tarde- ata febreiro de 2015, cando

Ler máis »

Lectura radiofónica para conmemorar a “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón

Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da “chegada” do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal organizan unha  lectura radiofónica da obra de Jules Verne “Vinte mil leguas baixo dos mares” á que convidan a participar a toda a cidadanía. As persoas interesadas deberán achegarse as instalacións da emisora para proceder a gravación dun fragmento da obra. Unha lectura pública a través das ondas que busca homenaxear unha das obras fundamentais da

Ler máis »