Hoxe é Sábado 21 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andreia Costas celebra o Día da Poesía na Biblioteca de Chapela

andreia

A escritora redondelá será a protagonista dunha nova entrega do programa “Aquí si hai quen escriba”. Presentará o seu último libro “Magnolia punk e outras arritmias” nun acto perfomático onde non faltará a música. Hoxe xoves ás 20:00 horas nun acto no que homenaxeará tamén a unha das súas referentes, a poeta Xela Arias que da nome á biblioteca municipal de Chapela.

Mª José Villar, Biblioteca de Chapela

O acto de hoxe consistirá nun “happening act” chamado “Xela_meet_Andreia” onde haberá unha conversa íntima pero pública entre Xela e Andreia Costas. Haberá recital poético e pezas musicadas e a participación do grupo de alumnado de Lectura Activa e Escrita Creativa de Redondela e Vigo.

Unha proposta aberta a todo o público interesado e que serve para celebrar o Día da Poesía na Bibliotecas Municipais, un servizo que permanecerá pechado ao público durante a vindeira semana co gallo da celebración da Semana Santa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará